Inicio
"SÓS Contra o Lume" desenmascara as mentiras e a traizón da Xunta no caso das axudas europeas polos incendios e as riadas

O goberno bipartito e o do estado español traizoaron a Galicia e nos deixaron sin as axudas lexítimas do Fondo de Solidariedade

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2007.- Trala súa estadía en Bruxelas, “SÓS contra o Lume” puido constatar que Galicia podería ter recibido axudas do Fondo de Solidariedade da Unión Europea. Deste xeito demóstrase que Galicia sí cumplía cos criterios para percibir axudas e a Xunta minusvalorou intencionadamente a catástrofe.

comparecencia Bruselas

 

 

Neil Parish (no centro), Presidente da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, recibeu a José Antonio Landín, Presidente da Asociación e a Andrés Novo, asesor técnico.

 

Ler máis...
 
"SÓS Contra o Lume" comparece no Parlamento Europeo para solicitar axudas do Fondo de Solidaridade

Ante a pasividade e neglixencia da Xunta solicitará ante tres presidentes de comisións a reapertura das axudas

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2007.- Durante os días 4 e 14 de agosto de 2006 arderon en Galicia case 100.000 ha. Nos aproximadamente 2.552 incendios favorecidos por condicións climatolóxicas adversas e pola falta de previsión e pola actuación neglixente da Administración Forestal de Galicia e do Estado Español.
O total de incendios no ano 2006 en Galicia foi de 6.997 (segundo datos oficiais) e arrasaron case 94.000 ha., das cales case 55.000 correspondían a masas arboradas adultas, moitas delas perfectamente xestionadas.

Ler máis...
 
SÓS Contra o Lume culpa a Xunta de que Bruxelas non dea cartos polo desastre incendiario de agosto

 A Asociación considera que os altos cargos son indignos de recibir gratificacións

Santiago de Compostela.- 23 de febreiro de 2007.- A Asociación Galega de Afectados polos incendios forestais “SÓS Contra o Lume” considera que a Consellería de Medio Rural minte unha vez máis, habida conta de que os propietarios dos montes non cobraron nin un so euro polos danos ocasionados  pola vaga de lumes acontecida no mes de agosto. De feito, en tódalas convocatorias de axudas que dende a Xunta se sacaron ata o de agora nas súas bases non se incluían axudas dirixidas aos propietarios.  

 

Ler máis...